Requisitos do alumnado

Si no cumples los requisitos, pero estas interesado en participar en el cursos, contacta con nosotros.

A actividade formativa de Aixola está dirixida a persoas dos seguintes colectivos:

  1. Operadores do sector pesqueiro
  2. Pescadores
  3. Cónxuxes dos pescadores/mariscodoras autónomos
  4. Persoas con titulación ou certificados para traballar no sector pesqueiro.

Se non reúnes os requisitos, pero estás interesado en participar nos cursos, ponte en contacto connosco.

A pertenza ao colectivo correspondente deberá demostrarse documentalmente

1 – Operadores do sector pesqueiro: persoas que explotan ou posúen unha empresa adicada a unha actividade vencellada a cualquera das fases de produción, transformación, comercialización, distribución e comercio minorista no ámbito da pesca.

Os empregados non se consideran operadores pesqueiros.

2 – Pescadores e mariscadoras: para a súa acreditación poderán aportar copia da súa vida laboral, libreta de navegación ou PERMEX.

3 – Cónxuxes dos pescadores /maricadoras autónomos . Para a súa acreditación deberán aportar a acreditación deberán aportar copia do libro de familia, e a documentación que acredite a condición de pescador autónomo do conxuxe.

4 – Vinculación Formativa: Estar en posesión de algún título formativo ou certificado que permita traballar no sector pesqueiro.

Exemplo de Títulos (lista non exhaustiva):

Non regrada: Mariñeiro pescador ou equivalente, formación para a obtención do PERMEX, Patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca; patrón de segunda de pesca litoral, operador-manipulador de produtos pesqueiros frescos.

Regrada: Ciclo medio en Navegación e pesca litoral, Ciclo superior en Transporte marítimo e pesca de altura, Ciclo medio en Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións, Ciclo superior en Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións.

Certificados de profesionalidade da família marítimo-pesqueira habilitantes para o traballo na pesca.

Para a súa xustificación deberá aportarse a copia do título, certificado ou diploma, ou a libreta de navegación.

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram