A Consellería do Mar convoca dous cursos de mariñeiro pescador na modalidade en liña

Un será titorizado pola Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e outro polo Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e desenvolveranse entre o 20 de marzo e o 12 de maio

O período de pre-matrícula estará aberto dende o 18 ata o 31 de xaneiro

As persoas interesadas en realizar estes cursos deberán pre-matricularse na plataforma á que se accede a través deste enlace. Para iso terán que darse de alta como usuario/a. Nese mesmo enlace sairá publicada a listaxe das persoas que teñen dereito a matrícula (os 60 primeiros que fixeron a pre-matrícula). A partir do día seguinte ao que se fai pública a listaxe establécese un prazo de matrícula de 10 días naturais.

A solicitude de matrícula e a documentación requirida poderá presentarse nas xefaturas territoriais e comarcais da Consellería do Mar ou por calquera das formas establecidas na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

+ INFO

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/2609/conselleria-mar-convoca-dous-cursos-marineiro-pescador-modalidade-lina

https://emediorural.xunta.es/cursosmar/