AIXOLA no Congreso FP Innova Galicia

O Centro de Formación A Aixola estivo presente no evento Innova FP Galicia – feria e congreso organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – da man do Departamento de Madeira do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

Presentouse a colaboración entre Aixola e o CIFP no proxecto Kaiak Galego, para o deseño de kaiaks de travesía adaptados ás necesidades propias do litoral galego: fabricados en madeira autóctona con resinas epoxis, de deseño propio, adaptables a diferentes usos, e con baixo custo de fabricación e posibilidade de comercialización en formato kit.

O proxecto apenas comenza a dar os primeiros pasos, pero todo o equipo seguirá a apoiar esta iniciativa. Compartimos os primeiros materiais.

FP_Innova-KaiakFP_Innova-cartel