Aixola participa no ciclo de Conferencias “Zurezko ontizgintza belaundaldiz belaunaldi” en Orio

Encadrado dentro dos actos da Capitalidade cultural europea de Donosti e formando parte do programa “Itsasgileak” (palabra metafórica que significaría  “quenes fan mar”), celebrouse na Kultur etxea (casa da cultura) de Orio, unha serie de conferencias baixo o título de “Zurezko ontizgintza belaundaldiz belaunaldi”  (A carpintería de ribeira de xeración en xeración).

charla_kike_orio_aixola1
Enrique Otero, representante de Aixola, durante a súa charla.

Por invitación expresa  da Asociación Euskal bateleroak e do Concello de Orio desplazouse Enrique Otero, docente de Aixola, para dar unha charla sobre a aposta da Consellería do Mar, o CETMAR e o propio centro formativo, pola transmisión dos saberes materiais e inmateriais que rodean á Carpintería de ribeira.

A charla celebrouse o 13 de maio, un día antes da celebración do Balea eguna (día da balea) que conmemora a captura da derradeira balea en Orio, o noso representante compartiu mesa e charla co presidente da asociación Albaola, Xavi Agote, encargada de levar adiante o proxecto de construción da réplica da nao San Juan.

charla_kike_orio_aixola1
Outro momento da presentación de Enrique.

Plugin for Social Media by Acurax Wordpress Design Studio
Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram