Áreas de traballo

A actividade do Centro de Formación A Aixola articúlase en programas formativos anuais e bianuais con cursos das seguintes áreas:

Área dos Composites: manexo do poliéster e distintos tipos de fibras, aplicando as últimas innovacións técnicas que diminúen o uso de resinas e as emisións contaminantes durante a súa manipulación. Orientado á construción naval e fabricación de pezas para o seu uso en acuicultura e outras actividades marítimas.

Área da Madeira: cursos relacionados coa construción e reparación naval utilizando tanto as técnicas máis tradicionais como as últimas innovacións que permiten realiza pezas de baixo mantemento e altas prestacións técnicas.

Área de Instalacións: comprende cursos ligados ao mantemento e instalación de pequenos motores así como a introdución á electricidade básica en barcos de pequenas dimensións.

Área dos Plásticos Técnicos: formación para a realización de materiais diversos con polietileno e polipropileno mediante soldadura termoplástica de pranchas e tubaxes. (Actualmente non dispoñible)

                                                                                                        

Área de Velería, Acastillaxe e Pneumáticas: Deseño, corte, confección e reparación de velas tradicionais e modernas. Acastillaxe. Mantemento e reparación de embarcacións semirríxidas, boias, flotadores…

Área de Redes: Formación conducente á obtención do Certificado de Profesionalidade “Confección e mantemento de artes e aparellos”. Impartición homologada e supervisada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Área de Emprego: Módulos formativos de carácter voluntario para os alumnos do Centro, que se completan con titorías personalizadas: creación de CV, a búsca deemprego on-line e a orientación ao autoemprego.

Módulos transversais e contidos horizontais: o conxunto de actividades do Centro están sustentadas por unha serie de contidos transversais: módulos de prevención de riscos laborais, imprescindibles para entrar nos talleres; calidade; a procura de alternativas menos contaminantes en todos os procesos; igualdade de xénero e inclusión social; divulgación das actividades a todos os niveis da sociedade.

Ademais, co obxectivo de igualar as capacidades dos grupos, establécense titorías e clases de reforzo en competencias básicas: operatividade e cálculo sinxelo, linguaxe e a expresión escrita, ou calquera outra na que se precise reforzo para acadar o nivel mínimo que permita seguir os contidos técnicos.

 

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram