Próxima selección de alumnos: Mecánica e instalación de motores en embarcacións de baixura

A selección de alumnos do curso Mecánica e instalación de motores en embarcacións de baixura  (200 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 27 DE MARZO, ÁS 09:30.

A selección consistirá nunha sinxela proba de coñecementos e unha entrevista.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar o DNI, e a documentación que acredite a túa relación co sector marítimo: vida laboral, certificados de formación, ou acreditacións profesionais.

Se estás interesado, tes que inscribirte aquí

O curso terá lugar polas mañás, do 03 de marzo, ata o 31 de maio de 2017.

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O CURSO “MANTEMENTO DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA DUNHA EMBARCACIÓN MENOR” (MANTEMAR)

Xa podes consultar o listado de alumnos seleccionados para o curso do Programa MANTEMAR “MANTEMENTO DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA DUNHA EMBARCACIÓN MENOR” que comeza o LUNS, 27 DE FEBREIRO, ÁS 16:00

Admitidos: MANTEMENTO DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA DUNHA EMBARCACIÓN MENOR

Todos os alumnos deberán presentarse co seu DNI ou NIE, e de ser o caso, a documentación acreditativa da súa relación co sector marítimo ou pesqueiro que non presentara o día da proba.

No caso de non poder asistir, por favor, comunicádeo telefónicamente ao 986 838 033 ou por mail: aixola@cetmar.org

Próxima selección de alumnos: Mantemento da Instalación Eléctrica dunha embarcación menor (PROGRAMA MANTEMAR)

A selección de alumnos do curso do Programa MANTEMAR:  Mantemento da Instalación Eléctrica dunha embarcación menor (100 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 20 DE FEBREIRO, ÁS 16:30.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

Se estás interesado, tes que inscribirte en: http://aixola.cetmar.org/programa-mantemar/

O curso terá lugar polas tardes, do 27 de febreiro, ata o 30 de marzo de 2017.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

 

Aixola participa na IV Xornada de Artesanía da Madeira no CIFP A Xunqueira

A área de carpintería de ribeira do Centro de Formación A Aixola colabora co CIFP A Xunqueira na celebración das IV Xornadas de artesanía da madeira que se celebran o vindeiro xoves 9 de febreiro.

O obxectivo das xornadas é dar a coñecer as posibilidades profesionais da especialidade de madeira, ademais da fabricación e instalación de carpintería e moble convencional. A actividade inclúe tamén unha xornada de portas abertas para que o público coñeza os ensinos e os traballos que se realizan.
A participación de Aixola nesta ocasión será similar á realizada na anterior edición, en marzo de 2015: os alumnos do curso de carpintería de ribeira realizarán traballos de demostración que ilustran o oficio dos carpinteiros na construcción naval en madeira: a maqueta dun casco utilizando un medio casco, e traballo nun mastro empregando unha aixola, a ferramenta insignia do noso Centro de Formación.

Ademáis, o Centro aportará materiais onde se empregan tanto técnicas tradicionais coma novas técnicas de construcción en madeira para completar a mostra.

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O CURSO “ESPECIALISTA MANIPULADOR EN PLÁSTICOS TÉCNICOS”

Xa podes consultar o listado de alumnos seleccionados para o curso CURSO “ESPECIALISTA MANIPULADOR EN PLÁSTICOS TÉCNICOS” que comeza o MÉRCORES, 01 DE FEBREIRO, ÁS 16:30.

Admitidos: ESPECIALISTA EN PLÁSTICOS TÉCNICOS


Todos os alumnos deberán presentarse co seu DNI ou NIE, e de ser o caso, a documentación acreditativa da súa relación co sector marítimo ou pesqueiro que non presentara o día da proba.

No caso de non poder asistir, por favor, comunicádeo telefónicamente ao 986 838 033 ou por mail: aixola@cetmar.org

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O CURSO “VELERÍA E ACASTILLAXE”

Xa podes consultar o listado de alumnos seleccionados para o curso CURSO “VELERÍA E ACASTILLAXE” que comeza o LUNS, 30 de xaneiro de 2017, ás 09:30

Listado de Admitidos: VELERIA E ACASTILLAXE

¡Aínda queda unha praza neste curso!
As persoas interesadas poden contactar co Centro de Formación Aixola.

Todos os alumnos deberán presentarse co seu DNI ou NIE, e de ser o caso, a documentación acreditativa da súa relación co sector marítimo ou pesqueiro que non presentara o día da proba.

No caso de non poder asistir, por favor, comunicádeo telefónicamente ao 986 838 033 ou por mail: aixola@cetmar.org

A Consellería do Mar convoca dous cursos de mariñeiro pescador na modalidade en liña

Un será titorizado pola Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e outro polo Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e desenvolveranse entre o 20 de marzo e o 12 de maio

O período de pre-matrícula estará aberto dende o 18 ata o 31 de xaneiro

As persoas interesadas en realizar estes cursos deberán pre-matricularse na plataforma á que se accede a través deste enlace. Para iso terán que darse de alta como usuario/a. Nese mesmo enlace sairá publicada a listaxe das persoas que teñen dereito a matrícula (os 60 primeiros que fixeron a pre-matrícula). A partir do día seguinte ao que se fai pública a listaxe establécese un prazo de matrícula de 10 días naturais.

A solicitude de matrícula e a documentación requirida poderá presentarse nas xefaturas territoriais e comarcais da Consellería do Mar ou por calquera das formas establecidas na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

+ INFO

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/2609/conselleria-mar-convoca-dous-cursos-marineiro-pescador-modalidade-lina

https://emediorural.xunta.es/cursosmar/

NOVA SELECCIÓN DE ALUMNOS: ESPECIALISTA MANIPULADOR EN PLÁSTICOS TÉCNICOS

A selección de alumnos do curso Especialista Manipulador en Plásticos Técnicos  (300 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 23 DE XANEIRO, ÁS 16:00.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

O curso terá lugar polas tardes, do 01 de febreiro, ata o 23 de abril de 2017.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

CARTEL PP-PE

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O CURSO “MECÁNICA DE MANTEMENTO EN MOTORES DE EMBARCACIONES MENORES”DO PROGRAMA MANTEMAR:

Xa podes consultar o listado de alumnos seleccionados para o curso CURSO “MECÁNICA DE MANTEMENTO EN MOTORES DE EMBARCACIONES MENORES”DO PROGRAMA MANTEMAR que comeza o LUNS, 23 de xaneiro de 2017, ás 16:00

Seleccionados MANTEMAR Mecánica

Todos os alumnos deberán presentarse co seu DNI ou NIE, e de ser o caso, a documentación acreditativa da súa relación co sector marítimo ou pesqueiro que non presentara o día da proba.

No caso de non poder asistir, por favor, comunicádeo telefónicamente ao 986 838 033 ou por mail: aixola@cetmar.org

 

NOVA SELECCIÓN DE ALUMNOS: VELERÍA E ACASTILLAXE

A selección de alumnos do curso Velería e Acastillaxe (350 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o MARTES, 24 DE XANEIRO, ÁS 09:30.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

O curso terá lugar polas mañás, do 30 de xaneiro, ata o 11 de maio de 2017.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

Cartel VeleríaAcastillaxe

Coma sempre, os cursos no CF A Aixola contan cos mellores profesionais na formación, e son totalmente gratuitos.