CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE CONFECCION E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS: RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL 2016

A Consellería De Economía, Emprego e Industria abre un novo proceso de RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL, para a obtención de CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.

Entre outras especialidades, inclúense 70 prazas para o recoñecemento de competencias na cualificación profesional Confección e mantemento de artes e aparellos. O prazo de presentación de solicitudes nesta especialidade remata o 10 de febrero de 2016.

A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:

  1. a) No Instituto Galego das Cualificacións.
  2. b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  3. c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  4. d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

+ INFO: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

NOTA: Se non cumples os requisitos mínimos para participar no procedemento de recoñecemento da experiencia profesional e te interesa o certificado, o Centro de Formación A Aixola ofrece a formación que da acceso ao mesmo: consulta os contidos, requisitos de acceso e sistema de inscripción na nosa web: Sección Redes e Aparellos

Redes1

Social Network Integration by Acurax Social Media Branding Company
Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram