Composites

Un material composto é o resultado da combinación de dous ou máis materiais que permite obter unha combinación única de propiedades. Existen moitos tipos de materiais compostos, en función da súa matriz ou da forma en que posúa o seu reforzo, pero os que están reforzados por fibras son os composites máis importantes dende o punto de vista tecnolóxico. Neste grupo, o máis destacado é o poliéster reforzado con fibra de vidro.

A ausencia de centros de formación específicos nesta especialidade na nosa Comunidade Autónoma e no Estado Español fai que Aixola sexa un centro de referencia para a formación de todos estes profesionais e como punto focal no I+D+i para todas as empresas e organismos que traballan neste sector. Ao mesmo tempo, temos que salientar que nesta área é onde máis inserción laboral se produce. É importante sinalar que, hoxe en día, o manexo do poliéster require de man de obra nos máis diversos ámbitos da estrutura industrial; constituíndose, polo tanto, nunha formación cun amplo espectro de posibilidades laborais mesmo fora do sector marítimo pesqueiro.

No campo da construción naval, principal área de traballo de Aixola, a principal vantaxe que presenta o traballo cos composites é o abaratamento de custes que supón a posibilidade de seriar embarcacións partindo de moldes. Debemos sinalar ademais que a formación en composites é necesaria para a fabricación dos máis diversos produtos dentro da estrutura industrial (automoción, eólicas.), conseguindo así o alumnado un amplo espectro de posibilidades laborais. Como exemplo, e sen abandoar o sector, podemos falar da acuicultura; campo no que Aixola ven colaborando coa Consellería do Mar no deseño e construción de mobiliario específico para centros como o de Ribadeo ou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA).

Ó anteriormente exposto, debemos  engadir que é Aixola o único centro de formación a nivel estatal que imparte formación na técnica de moldeado por transferencia de resina (RTM). Esta técnica innovadora permite reducir as emisións de gases na fabricación de pezas, empregando un sistema de molde e contramolde ao baleiro. As pezas así obtidas saen acabadas polas dúas superficies,  o que representa un avance definitivo para determinados tipos de traballo. 

Próximamente abriremos o prazo de incripcións nos cursos destas especialides. De momento, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario.

Formulario de manifestación de interese

 

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus