CURSO DO CERTIFICADO PROFESIONAL DE REDEIRO

FORMACIÓN PARA O CERTIFICADO PROFESIONAL DE CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS

Este curso, de 330 horas, terá lugar polas mañás, de 08:00 a 14:00, do 02 de marzo ata o 29 de maio de 2017, de luns a venres.

Se estás interesado en realizar o curso, es necesario inscribirse na túa Oficina de Emprego. Código especialidade: MAPN0108.

Así, estarás preinscrito. A matrícula formalizarase tras a proba presencial de selección de alumnos.

OBXECTIVO DO CURSO
Confeccionar e montar as artes e os aparellos de pesca, así coma efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou os procedementos tradicionais.

CONTIDOS DO CURSO:

  • Montaxe de artes e aparellos de pesca
  • Preparación para a confección e montaxe de artes e aparellos de pesca: planos e materiais.
  • Elaboración de paños e elementos en artes e aparellos de pesca
  • Armado e montaxe de artes e aparellos
  • Mantemento de artes e aparellos
  • Reparación de artes e aparellos de pesca
  • Conservación de artes e aparellos de pesca
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais de confección e montaxe de artes e aparellos.

NOTA: Os módulos se corresponden cos contidos formativos do Certificado de Profesionalidade CONFECCIÓN E MANTEÑEMENTO DE ARTES E APARELLOS, tanto na súa duración coma na estrutura. Serán impartidos por docentes que cumplan os perfís esixidos para a impartición de devandito certificado.

CERTIFICADO PROFESIONAL DE REDES. PROGRAMA Y REQUISITOS

ACCESO Á FORMACIÓN:CERTIFICADO PROFESIONAL DE REDEIRO

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 2 as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.

b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder

c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional

d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.