Cursos 2022: De Poliéster e flotadores

Os cursos que empezarán próximamente no Centro de Formación serán o de “Modelado manual en Poliéster” e “Reparación de flotadores”.

O curso de “Modelado Manual en Poliéster para pezas de acuicultura e construcción naval” empeza o 28 de febreiro, e se desenvolverá ata o 03 de xuño, con 400 horas de formación 100% gratuita. Xa estamos chamando ós interesados para as entrevistas de selección. No te quedes sen a túa praza!

En marzo empezamos o curso de “Reparación de Flotadores”, de 240 horas de duración e que terá lugar nas instalación do Aixola desde o 01 de marzo ata o 12 de maio de 2022. Aínda estamos recibindo inscripcións.

Ten en conta que as prazas son limitadas! Se estás interesado pero no estás seguro de cumprir cos requisitos, ponte en contacto con nós.

Floating Social Media Icons by Acurax Wordpress Designers
Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram