Actualizado: Cambio de data!!!! DÚAS NOVAS SELECCIÓNS DE ALUMNOS: Mecánico Instalador e Velería e Acastillaxe

Convócase aos interesados nos seguintes cursos para participar no proceso selectivo:

– Mecánico instalador polivalente en Embarcacións de poliéster (450h): Luns, 8 de setembro MARTES 09 DE SETEMBRO, ás 10:00 da mañá.
– Velería e Acastillaxe (350h): Martes 09 de setembro ás 10:00 da mañá.

Os participantes na selección deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

É imprescindible a asistencia a esta selección para poder optar a participar no curso.

Actualización: O luns é festivo en Marín, así que celebraremos as dúas seleccións o martes 09 de setembro.