Especialista manipulador de plásticos técnicos

Este curso capacita para a manipulación do polietileno (PE) e o polipropileno (PP), dous materiais plásticos con múltiples aplicacións industriais que se utilizan en infinidade de sectores: naval, acuicultura, farmacéutico, químico, alimentario, aeronáutico, construción, transporte, etc.

A técnica de traballo se basea na soldadura termoplástica de pranchas e tubaxes. Deste xeito se fabrican multitude de elementos: cubas, depósitos, embarcacións, bateas e gaiolas mariñas, liñas de condución en tubaxes de múltiples líquidos, habilitación de bodegas de barcos, emisarios mariños, táboas de corte, moega, recubrimento e impermeabilización en industrias, túneles e cámaras de refrixeración e conxelación, maquinaria para a industria conserveira e en xeral toda a alimentaria.