NOVA SELECCIÓN DE ALUMNOS: CURSO DE REPARACIÓNS POLIVALENTES EN POLIÉSTER

A selección de alumnos do curso do PROGRAMA MANTEMAR Reparacións polivalentes en poliéster (100 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 05 DE DECEMBRO, ÁS 16:30.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

O curso terá lugar polas tardes, do 12 de decembro, ata o 12 de xaneiro.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

Coma sempre, os cursos no CF A Aixola contan cos mellores profesionais na formación, e son totalmente gratuitos.