O vindeiro martes unha delegación chilena visitará o CF A Aixola

O vindeiro martes o Centro de Formación A Aixola recibirá a visita dunha delegación chilena para informarse sobre o rol da formación e a capacitación técnica na xestión pesquera.

Logo da charla, participarán nunha mesa de traballo sobre “A incidencia da formación no desenvolvemento sectorial”.

Esta visita encádrase no curso “Reforzo de competencias para o establecemento de plans de manexo”, que terá lugar en Galicia, desde o 2 ata o 10 de decembro.

Programa: Programa Chile