Oferta formativa para 2023 no Centro de Formación A Aixola

Xa está aberta a inscrición para os cursos que se desenvolverán no Centro de Formación durante o vindeiro 2023.
Como cada ano, analizamos as propostas do noso alumnado, e as demandas do sector para deseñar unha oferta formativa adaptada ás necesidades actuais.
Ademais dos nosos cursos máis tradicionais, como o Certificado de Profesionalidade en Artes e Aparello, o curso de Velas e Ferretería, o de Modelado Manual en Poliéster ou o de Instalación Eléctrica para pequenas embarcacións de motor, ampliamos o noso repertorio para ofrecer formación en Prevención de Riscos no sector pesqueiro, e Inglés náutico.
Este ano tamén incorporamos un curso que levabamos moito tempo querendo facer, sobre a restauración de embarcacións tradicionais de madeira.
E coma sempre, complementamos esta formación con cursos de busca de emprego e autoemprego para favorecer a inserción laboral de todo o noso alumnado.

Oferta Formativa 2023

Please follow and like us:
Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram