Plásticos técnicos

es   en   fr  

Hoxe en día os plásticos técnicos son o gran rival do aceiro inoxidable, tanto en canto ao seu prezo como en canto ao custo de mantemento e fabricación de pezas. Concretamente o polietileno-PE e o polipropileno-PP, obxecto dos nosos cursos, utilízanse en infinidade de sectores e teñen múltiples aplicacións industriais, sendo materiais innovadores e con moita proxección de futuro.

Presentan unha alta resistencia a elementos químicos e á corrosión; pouco peso ; alta resistencia á abrasión; teñen comportamento antiadhesivo; presentan unha alta resistencia ao choque e capacidade de absorción do impacto; a súa absorción de auga é desprezable; teñen excelentes propiedades para a redución de ruídos e vibracións; son fisioloxicamente inertes polo que se recomendan para estar en contacto con alimentos; son facilmente substituíbles e requiren pouco mantemento.

Polas súas características técnicas, estes materiais son especialmente aptos para diferentes industrias como a naval, a acuicultura, a farmacéutica, a química, a alimentaria, a aeronáutica, a construción e o transporte, entre outros.

Partindo de pranchas e tubarias (cos seus accesorios e en combinación con outros materiais plásticos), e mediante soldadura termoplástica pódense construír numerosas pezas: cubas, depósitos, embarcacións, bateas e gaiolas mariñas, liñas de condución en tubarias de múltiples líquidos, habilitación de bodegas de barcos, emisarios mariños, táboas de corte, recubrimento e impermeabilización en industrias, túneles e cámaras de refrixeración e conxelación, maquinaria para a industria conserveira e, en xeral, toda a alimentaria.

O Centro Formación Aixola é pioneiro e único en toda Galicia e no Estado Español en apostar pola formación na manipulación e aplicación práctica destes materiais. A súa oferta formativa na área dos Plásticos Técnicos sitúao na vangarda da formación en Novas Tecnoloxías.

Formulario de manifestación de interese
 

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus