Prácticas do curso de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos

O curso de acceso ao Certificado Profesional de Redes (Confección e Mantemento de Artes e Aparellos de Pesca) concluíu a parte de aprendizaxe na aula e xa arrincamos coas 40 horas de prácticas de traballo.

Queremos agradecer ás empresas que están a colaborar na formación destas futuras redeiras e redeiros: TECNOPESCA PYM, SL (Marín); Suministros Navales e Industriales Hércules (A Coruña), e a Asociación de Redeiras Virxe do Carmen (Portosín).

Sen esta colaboración non poderiamos ofrecer esta formación.

Nosa alumna en Suministros Navales e Industriales Hércules (A Coruña)
Nosa alumna na mar de redes da Asociación Virxe do Carme, en Portosín, coas súas novas compañeiras.
En Tecnopesca (Marín), onde están a maior parte dos alumnos.