Próximos cursos no Centro de Formación A Aixola

Xa queda moi pouco para que o  Centro de Formación  A  Aixola reinicie a súa actividade, con novos cursos que esperamos sexan do voso interese.

O luns empezamos co curso de composites “Laminado manuel en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construcción naval”, para o que aínda quedan prazas.

Neste momento os cursos están restrinxidos a persoas con vinculación (formativa ou laboral) co sector pesqueiro. Podedes atopar toda a información aquí.

Podedes realizar a preinscrición completando o formulario para cada curso na web https://aixola.cetmar.org . 

Para realizar a selección, os candidatos terán que realizar unha proba presencial de coñecementos básicos e unha entrevista persoal (que poderá ser telefónica).

Por suposto, todo o proceso selectivo e formativo, realizarase coas estritas medidas sanitarias e de distancia social necesarias para garantir a saúde dos alumnos e traballadores do Centro.

Please follow and like us:
Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram