O Centro

 

O Centro de Formación Aixola, foi creado en 1997 co obxectivo de capacitar ós colectivos que abandonaban a pesca para continuar exercendo a súa actividade noutros oficios do sector marítimo. Desde entón, constituíuse un Centro de capacitación nas áreas da madeira, composites, instalacións eléctricas e mecánicas, velaría, acastillaxe e pneumáticas, redaría e plásticos técnicos. Complementa esta formación co impulso do espírito emprendedor e cooperativo entre os seus beneficiarios e o apoio na busca de novas oportunidades de emprego.

Tamén incide na inclusión social, apoiando a integración de colectivos en risco de exclusión – persoas con escasa formación, inmigrantes, – e  fomentando a igualdade de xénero nas actividades con maior rumbo: tanto  presencia de mulleres nos sectores cunha predominancia masculina (construción naval, reparacións náuticas, instalacións mecánicas e eléctricas).

Todas as accións formativas teñen unha orientación práctica: O centro de formación emula o traballo das empresas cun profesor-titor e un grupo de aprendices en cada especialidade. A formación teórica necesaria para o desenvolvemento das especialidades  impártese maioritariamente integrada á práctica. A formación considérase non regrada, é dicir, non da lugar a un certificado académico, pero acredita cun Certificado de Participación con aproveitamento.

A metodoloxía de ensinanza, centrada no aprendiz e as súas necesidades, baseada en proxectos e na aprendizaxe a través da práctica considérase, hoxe en día, unha das mellores orientacións para conseguir unha formación sólida que garanta a retención do coñecemento adquirido.

Dende 2004 o Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR coordina a actividade do Centro de Formación A Aixola por encomenda da Consellería do Mar.

A orientación da actividade de Aixola incide en 4 dos 11 obxectivos temáticos da Unión Europea para alcanzar un crecemento intelixente, sostible e inclusivo; inscríbese directamente en 3 das prioridades do FEMP e persegue 2 dos 4 obxectivos específicos do FSE. 

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram