REDES

CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS

HORAS:

330 HORAS.

Inicio: 12/09/2022 

Fin: 21/12/2022

 

OBXECTIVO:

Confeccionar e montar as artes e os aparellos de pesca, así coma efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou os procedementos tradicionais.


MÓDULOS:

MÓDULO 1:

  • Montaxe de artes e parellos de pesca.
  • Preparación para a confección e montaxe de artes e aparellos de pesca: planos e materiais.
  • Elaboración de paños e elementos en artes e aparellos de pesca.
  • Armado e montaxe de artes e aparellos.

MÓDULO 2:

  • Mantemento de artes e aparellos
  • Reparación de artes e aparellos de pesca
  • Conservación de artes e aparellos de pesca

MÓDULO 3:

Módulo de prácticas profesionais non laborais de confección e montaxe de artes e aparellos.


FORMACIÓN DE FORMADORES EN CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS

HORAS:

70 HORAS

No oferado neste período.


OBXECTIVO:

Proporcionar aos formadores estratexias metodolóxicas, procedementos, métodos e recursos didácticos para desenvolver os procesos de ensino/aprendizaxe e avaliación do Certificado de Profesionalidade de Confección e mantemento de Artes e Aparellos, MAPN108.


CONTIDOS:

• Identificación, estrutura e programación do Certificado de Profesionalidade de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos.

• Impartición da acción formativa: desenvolvemento, espazos, instalacións, equipamentos e criterios de acceso dos alumnos.

• Estratexias metodolóxicas para facilitar a participación activa dos alumnos no seu aprendizaxe.

• Avaliación do aprendizaxe, con métodos e instrumentos que garantiren a fiabilidade e validez, tomando como referencia as capacidades e criterios de avaliación establecidos no programa. Reflexo documental do seguimento e avaliación.

• Módulo de prácticas profesionais non laborais para completar as competencias adquiridas no contexto formativo.

• Calidade. Avaliación, seguimento e control das accións formativas.

• Expedición do certificado de profesionalidade.

• Certificación dos módulos (para os que no superen a totalidade dos módulos asociados ao certificado).

• Xustificación das unidades formativas


Os alumnos deberán cumprir os requisitos para impartir o Certificado de Profesionalidade.

Os cursos da área de redaría buscan garantir o relevo xeracional no sector da pesca, e sobre todo, na realización de determinadas actividades que van quedando sen persoal que as desempeñe. Ao tempo, tamén se pretende buscar novas saídas profesionais para os traballadores e traballadoras do sector e a dignificación dunha profesión na que a man de obra está moi avellentada.

O desenvolvemento da profesión de redeiro ou redeira require un gran dominio e práctica, que se consegue con tempo e dedicación, polo que a présa do traballo actual non lles permite ás empresas pararse a formar a novos redeiros/as.

Por outra banda, é cada vez máis frecuente que os armadores valoren, á hora da contratación, coñecementos sobre redes e aparellos, dándose o caso de que as veces é unha condición (tal e como o expresan as persoas que se anotan ao curso).

Dende 2015 o Centro está homologado pola Consellería de Economía, emprego e Industria para impartir a formación conducente ao Certificado de Profesionalidade Confección e Mantemento de Artes e Aparellos. Na súa impartición cumprense todos os requisitos esixidos polo Certificado de Profesionalidade: perfil dos docentes, instalación e material e contidos formativos. Co diploma pode solicitarse o certificado de profesionalidade, requisito imprescindible para darse de alta nesta actividade na seguridade social.

Para acceder a estes cursos, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e realizar a inscrición a través das oficinas de Emprego de Galicia.

Podes inscribirte no curso do Certificado de Profesionalidade a través da túa oficina de emprego, indicando o interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”, código MAPN108. De xeito complementario, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario(aquip ones el link al formulario de artes y aparejos). (A preinscripción na nosa web permite que dende Aixola contactemos contigo no momento en que se inicia o proceso de selección de alumnos por parte das oficinas de emprego).

Podes inscribirte no curso do Certificado de Profesionalidade a través da túa oficina de emprego, indicando o interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”, código MAPN108. De xeito complementario, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario. (A preinscripción na nosa web permite que dende Aixola contactemos contigo no momento en que se inicia o proceso de selección de alumnos por parte das oficinas de emprego).

O curso de Formación de Formadores ten como requisito que os alumnos cumpran coas condicións para a docencia do devandito Certificado de Profesionalidade.

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram