Redes

Os cursos da área de redaría buscan garantir o relevo xeracional no sector da pesca, e sobre todo, na realización de determinadas actividades que van quedando sen persoal que as desempeñe. Ao tempo, tamén se pretende buscar novas saídas profesionais para os traballadores e traballadoras do sector e a dignificación dunha profesión na que a man de obra está moi avellentada.

O desenvolvemento da profesión de redeiro ou redeira require un gran dominio e práctica, que se consegue con tempo e dedicación, polo que a présa do traballo actual non lles permite ás empresas pararse a formar a novos redeiros/as.

Por outra banda, é cada vez máis frecuente que os armadores valoren, á hora da contratación, coñecementos sobre redes e aparellos, dándose o caso de que as veces é unha condición (tal e como o expresan as persoas que se anotan ao curso).

Dende 2015 o Centro está homologado pola Consellería de Economía, emprego e Industria para impartir a formación conducente ao Certificado de Profesionalidade Confección e Mantemento de Artes e Aparellos. Na súa impartición cumprense todos os requisitos esixidos polo Certificado de Profesionalidade: perfil dos docentes, instalación e material e contidos formativos. Co diploma pode solicitarse o certificado de profesionalidade, requisito imprescindible para darse de alta nesta actividade na seguridade social.

Para acceder a estes cursos, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e realizar a inscrición a través das oficinas de Emprego de Galicia.

Próximamente abriremos o prazo de incripcións no curso desta especialidade. De momento, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario.

Formulario de manifestación de interese
 

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus