Remate dos traballos no “Nova Marina”, e entrega a ACD Dorna

Onte fixemos entrega da lancha de relinga “nova Marina” á xente da “Asociación Cultural Dorna” da Illa de Arousa; logo de 6 meses de revisións e reparacións.

A embarcación chegaba o pasado 16 de novembro remolcada polo Rei do Mar que a voltou a levar onte a remolque por mor da nortada.

Remolcando a Nova Marina para comenzar los trabajos.

Foi reparada formando parte do programa de prácticas do alumnado dos cursos de “Carpintería de Ribeira” e “Innovación en madeira. Autoconstrución” impartidos entre setembro de 2013 e maio de 2014. O alumnado, coma xa pasara hai máis de 20 anos cos que a construiron nestas mesmas instalacións, tiveron a sorte de aprender actuando sobre un elemento senlleiro do noso patrimonio marítimo flotante.

Una parte dos alumnos participantes na reparación, co profesor, Santi Cancelas.

Entre os traballos realizados no Centro destacan:

  • Elaboración e colocación de quillote de ferro.
  • Elaboración e colocación de agullas de timón
  • Reparación e saneamento de quilla e roda
  • Elaboración de cuadernas dobles deterioradas
  • Reparación de deterioros en panas e cuberta
  • Colocación de tragaaugas e saneamento de clavazón na obra viva
  • Calafateado de topes de obra viva
  • Saneado de xunta de aparadura
  • Alquitranado de interiores
  • Lixado de obra viva, enmasillado e aplicación de imprimación e patente
  • Fondeado e comprobación de estanqueidade

1 Afundimento a comprobación da estanqueidade.

 

Agora a “Nova Marina” volve coa xente que mira por ela e a fai seguir vivindo… e nós quedamos con pena, porque un se acostumbra a mirala cada día, pero contentos co traballo realizado.

¡Boa singladura!