Requisitos do alumnado

 

 

 

A actividade formativa de Aixola está dirixida a persoas dos seguintes colectivos:

  1. Operadores do sector pesqueiro
  2. Pescadores
  3. Cónxuxes dos pescadores autónomos ou, cando estean recoñecidas polo Dereito nacional, ás súas parellas de feito
  4. Persoas con titulación ou certificados para traballar no sector pesqueiro.

A pertenza ao colectivo correspondente deberá demostrarse documentalmente

1 – Operadores do sector pesqueiro: persoas que explotan ou posúen unha empresa adicada a unha actividade vencellada a cualquera das fases de produción, transformación, comercialización, distribución e comercio minorista no ámbito da pesca.

Os empregados non se consideran operadores pesqueiros.

2 – Pescadores e mariscadoras: para a súa acreditación poderán aportar copia da súa vida laboral, libreta de navegación ou PERMEX.

3 – Cónxuxes dos pescadores autónomos ou as súas parellas de feito. Para a súa acreditación deberán aportar a acreditación deberán aportar copia do libro de familia ou documento acreditativo da parella de feito, e a documentación que acredite a condición de pescador autónomo do conxuxe.

4 – Vinculación Formativa: Estar en posesión de algún título formativo ou certificado que permita traballar no sector pesqueiro.

Exemplo de Títulos (lista non exhaustiva):

Non regrada: Mariñeiro pescador ou equivalente, formación para a obtención do PERMEX, Patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca; patrón de segunda de pesca litoral, operador-manipulador de produtos pesqueiros frescos.

Regrada: Ciclo medio en Navegación e pesca litoral, Ciclo superior en Transporte marítimo e pesca de altura, Ciclo medio en Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións, Ciclo superior en Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións.

Certificados de profesionalidade da família marítimo-pesqueira habilitantes para o traballo na pesca.

Para a súa xustificación deberá aportarse a copia do título, certificado ou diploma, ou a libreta de navegación.

Social Network Integration by Acurax Social Media Branding Company
Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram