Requisitos para os cursos de redes

es   en   fr

Para participar no proceso de selección de alumnos, deberás  notificar á súa oficina de Emprego o teu interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade MAPN0108. Só poderán participar no proceso de selección as persoas que cumplan algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2, indicados ao final da páxina.

NOVIDADE RESPECTO A ANTERIORES CONVOCATORIAS: Dende Outubro 2016: terán preferencia as persoas desempregadas, pero poderán participar tamen persoas traballadoras ocupadas, ata un máximo do 75% e sempre que as prazas non se cubran con persoas desempregadas.

NOTA: O feito de estar inscrito como demandante do curso na súa oficina de Emprego non é garantía de ser pre-seleccionado, pero é a única vía para poder participar no proceso de selección de alumnos.

REQUISITOS DE ACCESO AOS CURSOS:

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 2, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:

  1. Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.
  2. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
  3. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
  4. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
  5. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
  6. Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

SE NON TES OS REQUISITOS FORMATIVOS:

Se non tes os requisitos formativos podes acceder a través das probas de competencias crave para certificados de nivel 2 convocadas pola  Dirección Xeral de Emprego e Formación. Se superas estas probas poderás acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 1 e 2.

Podes solicitar información de cando se convocan as probas e como inscribirse en todos estes puntos de información (inclúe todas as oficinas de emprego)

Ademais, en moitas localidades organízanse cursos para preparar estas probas de nivel (Podes consultar no teu Concello ou nos puntos de información da Consellería de Traballo).

SE XA TES EXPERIENCIA PROFESIONAL:

Se xa tes experiencia atando redes, podes solicitar o recoñecemento da túa experiencia profesional. A Consellería de Traballo e Benestar explica o procedemento e ofrece un esquema de cómo funciona.

O primeiro paso é dirixirse aos puntos de información (tamén inclúe a as oficinas de emprego).

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus