Visita a COASA e REFIGAL

O venres, os alumnos do cursos de “Modelista Laminador de Poliéster” visitaron as empresas COMPONENTES AERONÁUTICOS COASA, S.A. e REFIGAL, SL, en Ourense.

COASA, é parte da multinacional Aernnova, empresa global de aeroestructuras que asume a xestión integral de grandes seccións aeronáuticas. Ademais, ofrece servizos de enxeñaría de mercado, compoñentes compostos e metálicos, así como servizos de reparación e de soporte de produto

Pola súa banda, REFIGAL S.L. é unha empresa creada en 1.996 para satisfacer a demanda de solucións dentro do sector da automoción. Dispoñen dunha sección de Poliéster e outra de Aluminio, e cumprimenta o seu servizo a clientes do sector da automoción coa distribución de vidros templados.

Desde aqui, agradecemos ás dúas empresas que nos concederon a oportunidade de visitalas. Así, complementamos a formación dos nosos alumnos, que observan como se traballa no apreso durante os últimos meses.

O curso “Modelista laminador de Poliéster”, de 600 horas, finaliza mañá. Desexámoslles moita sorte a todos nosos (xa case ex) alumnos!

Sin título1