Políticas europeas

es    en    fr   

A actividade do Centro de Formación A Aixola reforza 4 dos 11 obxectivos temáticos da Unión Europea para alcanzar un crecemento intelixente, sostible e inclusivo: (3) mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, no sector agrícola (FEADER) e no sector da pesca e a acuicultura (FEMP); (8) promover o emprego e favorecer a mobilidade laboral;  (9) promover a inclusión social e combater a pobreza; (10) inverter en educación, capacidades e aprendizaxe ao longo da vida;

Inscríbese directamente en 3 das prioridades da Unión para o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (Artigo 6):

  1. Promoción de peixarías sostibles dende o punto de vista ambiental, eficientes no uso de recursos, innovadoras, competitivas e baseadas no coñecemento, perseguindo os seguintes obxectivos:
                  (f) desenvolvemento de formación para o emprego, novas capacidades profesionais e formación ao longo da vida.
  2. Fomento dunha acuicultura sostible dende o punto de vista ambiental, eficiente no uso de recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento, perseguindo os seguintes obxectivos:
                (e) desenvolvemento de formación para o emprego, novas capacidades profesionais e formación ao longo da vida.
  3. Aumento do emprego e a cohesión territorial mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos: a promoción do crecemento económico, a inclusión social e a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e continentais que dependen da pesca e da acuicultura, incluíndo as actividades de diversificación dentro do sector pesqueiro e cara a outros sectores da economía.

O Programa Operativo do FEMP para España 2014 – 2020 contempla o desenvolvemento da formación profesional, as novas competencias e a aprendizaxe permanente na súa estratexia para fomentar unha pesca sostible dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento (Prioridade 1): entre outras medidas para impulsar a competitividade do sector extractivo, reforzará a formación e a mellora das capacidades dos traballadores do mar para facilitar a súa integración a actividades complementarias da pesca extractiva (Obxectivo Temático 8 asociado ao artigo 29).

A actividade do Centro tamén persegue 2 dos obxectivos específicos do Fondo Social Europeo: formar aos cidadáns e axudarlles a atopar emprego e fomentar a inclusión social

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus