2.4- Estou preinscrito en varios cursos, teño que repetir a proba de acceso para cada un?

Se estás inscrito en varios cursos e queres simplificar a proba de acceso, convén contactar co centro e explicarnos o teu caso para facer unha proposta adecuada.

Normalmente será suficiente con facer unha entrevista (non valen as dos anos pasados, realizamos unha entrevista por curso); se xa pasou un certo tempo dende a entrevista, podemos revisala e modificar os datos que cambiaran.

Será preciso repetir a proba escrita, xa que é diferente para cada especialidade, pero poderán facerse varias probas xuntas para evitar desprazamentos.