Outros cursos na área de instalacións
Electricidade e hidráulica básicas aplicadas ao buque
HORAS:
275 HORAS
OBXECTIVO:
Recoñecer os fundamentos básicos de electricidade e hidráulica, así como o funcionamento dos compoñentes dunha instalación, aplicándoos á realización de operacións de montaxe, cumprindo a normativa sobre prevención de riscos laborais e protección ambiental.
MÓDULOS:
Módulo 1: Prevención de riscos laborais.
Módulo 2: Fundamentos da electricidade.
Módulo 3: Compoñentes básicos da instalación eléctrica dun buque.
Módulo 4: Circuítos eléctricos básicos aplicados ao buque.
Módulo 5: Fundamentos da hidráulica.
Módulo 6: Compoñentes básicos dunha instalación hidráulica.
Módulo 7: Circuítos hidráulicos básicos aplicados ao buque
Mecánica básica de motores de embarcacións menores
HORAS:
300 HORAS
OBXECTIVO:
Recoñecer os fundamentos básicos da mecánica, aplicándoos ao mantemento de motores de pequenas embarcacións e cumprindo a normativa de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
MÓDULOS:
Módulo 1: Prevención de riscos laborais.
Módulo 2: Tecnoloxía mecánica.
Módulo 3: Manteñemento básico dos sistemas de propulsión de embarcacións menores.
Mecánica de instalacións de máquinas de buques menores
HORAS:
450 HORAS
OBXECTIVO:
Recoñecer os fundamentos básicos da mecánica, aplicándoos ao mantemento da planta de propulsión e da maquinaria auxiliar nun buque menor e cumprindo a normativa sobre prevención de riscos laborais e protección ambiental.
MÓDULOS:
Módulo 1: Prevención de riscos laborais.
Módulo 2: Conceptos básicos de mecánica e hidráulica.
Módulo 3: Operacións básicas do taller.
Módulo 4: Sistemas de propulsión e de transmisión en buques menores.
Módulo 5: Tipos de motores de embarcacións menores.
Módulo 6: Montaxe dun circuito hidráulico.