INSTALACIÓNS (mecánicas e eléctricas)
Curso de instalación eléctrica naval en barcos de pequena potencia
HORAS:
300
Inicio: 20/09/2021
Fin: 17/12/2021
OBXECTIVO DO CURSO:
Realizar operacións básicas de montaxe de instalación eléctricas sinxelas nun cadro manexando o polímetro e realizar montaxes hidráulicos sobre un simulador, cumprindo as normativas de seguridade laboral e tratamento dos residuos.
CONTIDOS:
MÓDULO 1: Prevención de riscos laborais.
MÓDULO 2: Fundamentos da electricidade.
MÓDULO 3: Ferramentas empregadas nunha instalación eléctrica .
MÓDULO 4: Xeradores eléctricos.
MÓDULO 5: Acumuladores eléctricos.
MÓDULO 6: Conductores eléctricos.
MÓDULO 7: Receptores eléctricos.
MÓDULO 8: Aparamenta eléctrica.
MÓDULO 9: Distribución da enerxía eléctrica a bordo.
A frota pesqueira con porto base en Galicia, formada por 4.497 buques de pesca e 1.294 de acuicultura en abril do 2015, é a máis importante de todas as rexións europeas e tamén é a maior do país co sector pesqueiro máis potente da Unión Europea. De feito, Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois. Estes datos reflicten a gran importancia da frota galega no sector pesqueiro comunitario e estatal.
Segundo o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa en Galicia 2012-2020, contamos ao largo do noso litoral con 63 instalacións deportivas, 28 concesións ou autorizacións náutico deportivas, 7 instalacións para embarcacións en seco e 9.560 amarres, o que representa un 15,1 % do total peninsular español.
Todo isto danos unha idea do volume de embarcacións de carácter profesional e recreativo que poden precisar mantemento e reparación no noso litoral.
A rotundidade destas cifras explica por si mesma a necesidade de programar cursos de formación que, sen pretender invadir o campo das titulacións regradas, transmitan coñecementos básicos de manexo e mantemento de instalacións sinxelas.
Por outra banda, o carácter eminentemente práctico dos cursos e as ferramentas e materiais empregados neles, fan que, en todas as accións formativas, existan solicitudes de alumnos procedentes do grado medio e superior da formación profesional.