¡PRAZAS DISPONIBLES PARA O CURSO DE INTALACIÓN ELÉCTRICA NAVAL DE BARCOS DE PEQUENA POTENCIA!

SELECCIÓN DE ALUMNOS

Convócase aos interesados no curso de Instalación eléctrica naval de barcos de pequena potencia (200 h) á proba de selección de alumnos que terá lugar o MÉRCORES, 23 DE NOVEMBRO, ÁS 10:00 horas.

Os participantes na selección deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirá nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.