Preguntas frecuentes (FAQ)

es   en   fr 

Os cursos son totalmente gratuítos para os alumnos, xa que están cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Ningún dos cursos ofrecidos inclúe axudas para desprazamentos para asistir ao Centro de Formación, nin outro tipo de achega económica ós alumnos.

No caso de realizarse saídas prácticas que requiran desprazamentos fóra do Centro, ou ben se disporá dun medio de transporte común, ou ben se aboarán os custes correspondentes aos alumnos que tivesen que utilizar o seu propio vehículo.

Existen dúas modalidades de cursos, con diferentes requisitos, en función de que permitan ou non acadar un certificado de profesionalidade:

  1. CURSOS CON CERTIFICADO DE APROVEITAMENTO (Áreas de composites, madeira, velería e pneumática, instalacións e plásticos): Deberá realizarse unha PREINSCRIPCIÓN a través dos formularios da web. As persoas interesadas deben inscribirse en cada curso, indicando nome, apelidos, correo e teléfono de contacto. Todos os pre-inscritos son convocados telefonicamente (e por correo electrónico, se non atenden o teléfono) unha semana antes da proba de selección.
  2. CURSOS CONDUCENTES A UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (Área de redes): Para acceder a estes cursos, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e realizar a inscrición a través das oficinas de Emprego de Galicia.

En ambos casos as persoas preinscritas serán convocadas a realizar unha proba de acceso ao curso no que se matricularon.

Se te interesan os cursos, pero non tes a seguridade de cumplir algún dos requisitos, contacta con nos igualmente para verificar o teu caso-

Pendente de confirmación.

Realízase unha proba escrita de coñecementos básicos e unha entrevista.

  1. Proba escrita: diferente segundo a especialidade, inclúe conversión de unidades, cálculos de superficies ou volumes, regras de tres para o cálculo de custes, e pode incluír preguntas sobre coñecementos xerais na materia do curso.
  2. Entrevista: Inclúe apartados de caracterización socio-laboral, nivel de estudos, e relación co sector marítimo e pesqueiro; complétase con información da motivación, proxecto de aplicación do curso e experiencia en actividades manuais e talleres, así como relación co mar por motivos non profesionais (federación en actividades recreativas, colaboración con entidades de promoción do patrimonio marítimo); tamén se poden valorar outros aspectos en casos particulares. Revisase a participación en cursos anteriores de Aixola e as inscricións en próximos cursos.

Se estás inscrito en varios cursos e queres simplificar a proba de acceso, convén contactar co centro e explicarnos o teu caso para facer unha proposta adecuada.

Normalmente será suficiente con facer unha entrevista (non valen as dos anos pasados, realizamos unha entrevista por curso); se xa pasou un certo tempo dende a entrevista, podemos revisala e modificar os datos que cambiaran.

Será preciso repetir a proba escrita, xa que é diferente para cada especialidade, pero poderán facerse varias probas xuntas para evitar desprazamentos.

Toda a formación impartida no centro está encadrada no rango de formación non regrada, é dicir, é unha formación que non da lugar a un certificado académico, pero que acredita ós alumnos que a cursan cun Certificado de Participación con aproveitamento expedido polo Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR , no que figuran os contidos do curso, a súa duración e as datas de impartición.

Os alumnos dos cursos de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos, e de Operacións auxiliarias de elementos estructurais e de recubremento de superficies de embarcacións que obteñan o certificado de aproveitamento poderán solicitar a expedición do Certificado de Profesionalidade expedido pola Consellería .

Para acadar o Certificado de Aproveitamento é imprescindible asistir como mínimo ao 80 % da formación, sen que as faltas de asistencia superen o 80 % de ningún dos módulos do curso. Ademais é preciso acadar os contidos mínimos de coñecementos teóricos, destrezas e actitudes fronte ao traballo. Os docentes do curso realizan unha avaliación continua e reforzarán a titorización das persoas con maiores dificultades.

As persoas que non acaden os mínimos de asistencia ou aproveitamento recibirán un certificado de asistencia, con referencia ás horas totais de asistencia ao curso e coa indicación a pe de páxina: “Este certificado non se corresponde co Diploma de Aproveitamento”.

 

Para coñecer o grado de inserción dos alumnos formados no C.F. “A Aixola”, realízase unha enquisa telefónica 6 meses despois da finalización de cada curso.

Nos últimos períodos, (cursos 2014 a 2016), arredor do 80 % dos nosos alumnos estaban en paro ao inicio das súas formacións. O 74 % das persoas contactadas para a enquisa de inserción laboral traballou nalgún momento desde que finalizou curso, e  dentro dese grupo, o 75 % continuaba traballando no momento de realizar a enquisa. Máis de metade dos traballos acadados estaban relacionados coa formación recibida en Aixola.

Unha alta porcentaxe dos alumnos de Aixola deciden seguir formándose: así, máis dun terzo de alumnos de cada curso segue estudando, moitos deles realizando outras formacións en Aixola.

Por ese motivo resulta difícil saber cales serían os cursos de maior saída, pois moitos dos nosos alumnos aumentan as súas oportunidades por realizar diversas formacións en varias áreas.

No período 2014 -2015 foron os cursos das áreas de composites, instalacións eléctricas, e velería e pneumáticas e os que acadaron maiores índices de inserción laboral, por enriba do 80 %. Pero no 2015-2016 foron os das áreas de madeira, redes e composites os que superaron o 80 % de inserción laboral.

Aixola non pode facer reparacións para particulares. Todas as colaboracións para a construción, reparación e restauración de embarcacións e equipamentos realízanse con entidades sen ánimo de lucro; deberán destinarse a fins non lucrativos, ademais de resultar acordes ós obxectivos dos cursos.

Existe un protocolo que detalla os criterios que deben cumprir estas colaboracións.

+ Información

As visitas de grupos ao Centro de Formación A Aixola poderán adaptarse ás necesidades particulares de cada caso. Recibimos habitualmente a centros escolares, centros de formación profesional, delegacións do sector marítimo-pesqueiro doutras rexión e países, así coma outros colectivos con interese na nosa actividade.

A visita tipo dura 1 hora e media; esta duración tamén pode adecuarse aos intereses do grupo.

Se estás interesado en realizar unha visita ao centro, tanto a nivel individual, como en grupo, enche o seguinte formulario e envíe por mail a: formacion@cetmar.org

Impreso de solicitude de visita (GAL)

Impreso de solicitud de visita (ES)

No caso dos colexios e visitas con menores de idade, precisamos este permiso cuberto para poder difundir a actividade:

Autorización fotos de menores

Follow by Email
Facebook
Twitter
Follow Me
Instagram