Xornadas Medioambientais e exposición ‘Fauna marina da ria’

O Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza as Xornadas Medioambientais, que terán lugar entre o luns 25 e o venres 29 de abril de 2016 na Biblioteca Pública Municipal.

PROGRAMA: Coa presencia de especialistas relevantes a nivel nacional, as ponencias inciden de xeito especial no relativo aos efectos da actividade humana sobre o medio mariño, os medios aportados para protexelo, ou algunhas experiencias desenvolvidas na nosa contorna no eido da xestión medioambiental.

Así mesmo, terá lugar a exposición ‘Fauna marina da ria’ que se inaugurará o venres 22 de abril, ás 20:30h na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia, e poderá visitarse ata o sábado 30 do mesmo mes en horario martes a venres 18:00-21:00h/sábados 12:00-14:00h. O Centro de Formación A Aixola colabora coa montaxe da exposición.

CARTAZ Xornadas Medioambientais No caso de que sexa do seu interese participar nas citadas Xornadas, pregámoslle remitan a folla de inscrición debidamente cumprimentada, por correo electrónico, a ateneosmarin@hotmail.com

Todas as persoas que desexen asistir, agás os estudiantes que estarán exentos do pago, deberán aboar a cantidade de 10€ a ingresar na conta ES54 2080 5401 5230 40130197.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus