Colaboracións

Un dos aspectos mais salientables da longa historia de A Aixola, que se ven incrementando coa xestión do Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR, é a simbiose establecida con  diversas entidades sen afán de lucro da nosa Comunidade con diversos fins:

  • Difusión e publicidade: Unha rede de centros colaboradores colaboran na difusión da nosa oferta formativa. Tamén recibimos visitas de grupos de centros escolares, Administracións e outros colectivos interesados en coñecer a nosa actividade.
  • Deseño e adaptación de oferta formativa acorde ás necesidades reais do mundo laboral. Recibimos expertos externos que completan a formación con presentacións especializadas, visitamos empresas do sector cos nosos alumnos para coñecer o seu traballo diario, e nos cursos de certificados de profesionalidade realízanse prácticas en empresas.
  • Conservación do patrimonio: construímos réplicas de embarcacións patrimoniais, reparamos e trazamos modelos; recuperamos motores de embarcacións antigos de deseño galego, e deseños de redes e aparellos mediante o trazado de esquemas.
  • Apoio á I+D+i pública a través do deseño de prototipos e melloras en materiais e instrumental, realizadas nun proceso partícipe cos alumnos.
  • Divulgación: Participamos en eventos para dar a coñecer o patrimonio marítimo e a innovación nos oficios do mar, e tamén realizamos préstamos de material realizado nos nosos cursos para a súa exposición en exhibicións, mostras, talleres…

No marco sobre das accións formativas pódense admitir solicitudes de reparación, rehabilitación de embarcacións, partes de embarcacións ou outros materiais, así como o deseño e a realización de prototipos de materiais innovadores ou préstamos. Estas colaboracións deben cumprir os criterios establecidos no seguinte  protocolo.

Se crees que Aixola pode realizar algún traballo no marco dese protocolo, podes completar o anexo do documento, e envialo a aixola@cetmar.org

Responderémosche canto antes.

Follow by Email
Facebook
Twitter
Instagram