Políticas europeas
A actividade do Centro de Formación A Aixola inscríbese e contribúe directamente aos obxectivos e prioridades do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.
En concreto, as accións de formación e cualificación profesional realizadas no centro están aliñadas con dous das catro prioridades do FEMPA:
-
Prioridade 1: Fomentar unha pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
-
A través da formación, o centro contribúe a mellorar a competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca, facilitando a adaptación do sector aos cambios e reforzando as capacidades dos traballadores.
-
-
Prioridade 2: Fomentar actividades de acuicultura sustentables, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo desta forma á seguridade alimentaria da Unión.
-
A formación especializada en acuicultura permite desenvolver novas habilidades profesionais, promovendo a competitividade e a innovación no sector e a creación de emprego cualificado.
-
Ademais, as accións formativas de A Aixola tamén se enmarcan na Prioridade 3: Facer posible unha economía azul sustentable en zonas costeiras, insulares e de interior e fomentar o desenvolvemento de comunidades pesqueiras e acuícolas, ao contribuír á xeración de emprego e á inclusión social, e ao apoiar a empregabilidade e a mobilidade laboral nesas comunidades.
En liña cos obxectivos da Unión Europea, o centro de formación A Aixola contribúe a:
-
Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas do sector da pesca e a acuicultura.
-
Promover o emprego e favorecer a mobilidade laboral.
-
Inverter en educación, capacidades e aprendizaxe ao longo da vida para garantir un crecemento intelixente, sostible e inclusivo.