2.3- En que consiste a “proba de acceso”?
Realízase unha proba escrita de coñecementos básicos e unha entrevista.
- Proba escrita: diferente segundo a especialidade, inclúe conversión de unidades, cálculos de superficies ou volumes, regras de tres para o cálculo de custes, e pode incluír preguntas sobre coñecementos xerais na materia do curso.
- Entrevista: Inclúe apartados de caracterización socio-laboral, nivel de estudos, e relación co sector marítimo e pesqueiro; complétase con información da motivación, proxecto de aplicación do curso e experiencia en actividades manuais e talleres, así como relación co mar por motivos non profesionais (federación en actividades recreativas, colaboración con entidades de promoción do patrimonio marítimo); tamén se poden valorar outros aspectos en casos particulares. Revisase a participación en cursos anteriores de Aixola e as inscricións en próximos cursos.