Colaboración co Concello de Pontevedra

No marco da colaboración coas distintas actividades de índole social, o Centro de Formación A Aixola cedeu unha rede de pesca fabricada no curso de “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”,  ao Obradoiro de Emprego organizado polo Concello de Pontevedra.

O pano foi construido con retais de restos de diversas redes, e empregouse nun proxecto sobre a reciclaxe.

Entrega da Rede para o Obradoiro Emprego

A rede foi usada para a realización de xogos sensoriais con instrumentos musicais feitos con material reciclado, cos nenos do CEIP Xunqueira I, dentro dun proxecto do Obradoiro que se denominou Recreactívate.

A rede colocada para o Proxecto Recreactívate.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Google Plus