NOVA SELECCIÓN DE ALUMNOS: ESPECIALISTA MANIPULADOR EN PLÁSTICOS TÉCNICOS

A selección de alumnos do curso Especialista Manipulador en Plásticos Técnicos  (300 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 23 DE XANEIRO, ÁS 16:00.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

O curso terá lugar polas tardes, do 01 de febreiro, ata o 23 de abril de 2017.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

CARTEL PP-PE