NOVA SELECCIÓN DE ALUMNOS: VELERÍA E ACASTILLAXE

A selección de alumnos do curso Velería e Acastillaxe (350 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o MARTES, 24 DE XANEIRO, ÁS 09:30.

Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

O curso terá lugar polas mañás, do 30 de xaneiro, ata o 11 de maio de 2017.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

Cartel VeleríaAcastillaxe

Coma sempre, os cursos no CF A Aixola contan cos mellores profesionais na formación, e son totalmente gratuitos.