Visita aos Asteleiros Triñanes

Hoxe os alumnos dos cursos de “Innovación en madeira. Autoconstrucción” e “Carpintería de ribeira” visitaron os Asteleiros Triñanes, en Boiro.

A empresa Asteleiros Triñanes foi recoñecida o ano pasado como finalista dos premios nacionais de artesanía. Estos premios, promovidos pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte), teñen como finalidade dar recoñecemento institucional ao máis alto nivel ás actuacións recoñecidas  como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea.

Non hai máis que dar unha volta pola súa páxina web para admirar o gran traballo que realizan no ámbito do mantemento e recuperación do patrimonio marítimo galego.

Os alumnos non dubidaron en cualificar a visita de espectacular.

Desde aqui reiterámoslle o noso máis sincero agradecimiento a Gerardo Triñanes, propietario do astillero, polas súas explicacións, e a súa amabílisima recepción.

Esperamos repetir en breve.

Aixola, carpintería_de_ribeira
Os alumnos dos cursos da área de Madeira, nos Asteleiros Triñanes.

 

Asteleiros Triñanes
www.asteleirostrinanes.com
Ladeira, 33-Chazo
15930 Boiro (A Coruña) España
asteleirostrinanes@asteleirostrinanes.com
Tel. +34 981 847 440