Visita do Colexio San José de Pontevedra

Hoxe tivemos a visita de 42 alumnos do Colexio San José de Pontevedra no Centro de Formación A Aixola.

Os chavales, de 5º e 6º de primaria falaron cos profesores dos distintos obradoiros, e aproveitaron para facer moitísimas preguntas interesantes!

O profesor da área de poliéster, Xosé Lois, explicoulles que a fibra de vidro co a que se fan os barcos, pódese atopar en obxectos cotidiáns…e na raqueta de Rafa Nadal!Taller_poliester

Santi, o profesor de carpintería, explicou cómo se facían os barcos tradicionalmente, e a importancia de manter o patrimonio marítimo galego.

Carpintería

Pola súa banda, Victor, o profe da área de pneumáticas e velería falou sobre as distintas lanchas, e os alumnos aprenderon como atopar un pinchazo nunha embarcación pneumática, e arranxalo.

IMG_1391

Finalmente, despedíronse cunha foto no xardín frontal do Aixola.

DSC06428

Agardamos que disfrutaran a visita! Ata pronto!

Si queredes solicitar unha visita, podes facelo aquí.

Social Media Widget Powered by Acurax Web Development Company
Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram