CURSO DE CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS

A partir de decembro de 2015 o Centro de Formación A aixola iniciará a impartición dun novo curso de “Confección e Mantemento de artes e Aparellos” que da acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.

O Servizo Público de Emprego de Galiza realizará a pre-selección de candidatos para o curso, que participarán nas probas de selección realizadas no Centro de Formación A Aixola.
Para participar no proceso de selección de alumnos, deberá notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade MAPN0108. Só poderán participar no proceso de selección as persoas que cumplan os requisitos de acceso.

+ Información: datas previstas e requisitos de acceso na sección REDES e APARELLOS

NOTA: O feito de estar inscrito como demandante do curso na súa oficina de Emprego non é garantía de ser pre-seleccionado, pero é a única vía para poder participar no proceso de selección de alumnos.

Redes1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *