A Aixola ofrecerá dende setembro unha ampla variedade de cursos destinados a formar en diferentes oficios relacionados co sector marítimo-pesqueiro. Entre os cursos destacados para 2024 atópanse:
Área de Instalacións
Electricidade e Hidráulica Básicas Aplicadas ao Buque (275 horas): Un curso para adquirir os fundamentos básicos destas disciplinas aplicadas ás instalacións dos buques, cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Área dos Composites
Laminado Manual en Poliester para Pezas de Uso en Acuicultura e Construción Naval (300 horas): Formación especializada no manexo do poliéster reforzado con fibra de vidro, minimizando o uso de resinas e emisións contaminantes.
Área de Redes
Confección e Mantemento de Artes e Aparellos (330 horas): Curso recoñecido para a obtención de certificados de profesionalidade, centrado na confección, montaxe e mantemento de artes e aparellos de pesca.
Área da Madeira
Elaboración e Instalación de Cubertas de Madeira en Embarcacións Menores (300 horas): Curso enfocado na restauración de embarcacións tradicionais, utilizando técnicas tanto tradicionais como innovadoras.
Área de Velaría e Acastillaxe
Reparación de Embarcacións Pneumáticas (300 horas): Formación para a reparación e mantemento de embarcacións neumáticas, cumprindo as normativas de prevención de riscos laborais.
Área de Prevención de Riscos Laborais (PRL)
Prevención de Riscos no Sector Pesqueiro (50 horas): Curso para aplicar ferramentas e métodos de prevención de riscos no ámbito marítimo-pesqueiro.
Área de Emprego
Titorías de Apoio ao Autoemprego e Busca de Emprego: Sesións individualizadas para acompañar aos alumnos na creación de proxectos de autoemprego e na busca de emprego.
¡Achégate a A Aixola e descubre as oportunidades formativas que che ofrece para o 2024! Para máis información e inscricións, visita a nosa web ou contacta connosco directamente.
Esta páxina utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando sen aceptar a configuración consideramos que estás conforme co seu uso.AceptarLer máis
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.