REDES
CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS
FORMACIÓN DE FORMADORES EN CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS
Os cursos da área de redaría buscan garantir a remuda xeracional no sector da pesca, e sobre todo, na realización de determinadas actividades que van quedando sen persoal que as desempeñe. Ao tempo, tamén se pretende buscar novas saídas profesionais para os traballadores e traballadoras do sector e a dignificación dunha profesión na que a man de obra está moi avellentada.
O desenvolvemento da profesión de redeiro ou redeira require un gran dominio e práctica, que se consegue con tempo e dedicación, polo que a présa do traballo actual non lles permite ás empresas pararse a formar a novos redeiros/as.
Por outra banda, é cada vez máis frecuente que os armadores valoren, á hora da contratación, coñecementos sobre redes e aparellos, dándose o caso de que as veces é unha condición (tal e como o expresan as persoas que se anotan ao curso).
Dende 2015 o Centro está homologado pola Consellería de Economía, emprego e Industria para impartir a formación conducente ao Certificado de Profesionalidade Confección e Mantemento de Artes e Aparellos. Na súa impartición cumprense todos os requisitos esixidos polo Certificado de Profesionalidade: perfil dos docentes, instalación e material e contidos formativos. Co diploma pode solicitarse o certificado de profesionalidade, requisito imprescindible para darse de alta nesta actividade na seguridade social.
Para acceder a estes cursos, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e realizar a inscrición a través das oficinas de Emprego de Galicia.
Podes inscribirte no curso do Certificado de Profesionalidade a través da túa oficina de emprego, indicando o interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”, código MAPN108. De xeito complementario, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario(aquip ones el link al formulario de artes y aparejos). (A preinscripción na nosa web permite que dende Aixola contactemos contigo no momento en que se inicia o proceso de selección de alumnos por parte das oficinas de emprego).
Podes inscribirte no curso do Certificado de Profesionalidade a través da túa oficina de emprego, indicando o interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”, código MAPN108. De xeito complementario, podes manifestar o teu interese nesta área a través deste formulario. (A preinscripción na nosa web permite que dende Aixola contactemos contigo no momento en que se inicia o proceso de selección de alumnos por parte das oficinas de emprego).
O curso de Formación de Formadores ten como requisito que os alumnos cumpran coas condicións para a docencia do devandito Certificado de Profesionalidade.