Taller do Proxecto DITMEP: Gamificación e Realidade Aumentada. Transformando a formación en prevención de riscos laborais no sector dos materiais compostos
Dende o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) queremos convidarte ao Taller do Proxecto DITMEP: Gamificación e Realidade Aumentada: Transformando a formación en prevención de riscos laborais no sector dos materiais compostos:
Data: 22 de Marzo de 2023
Horario: 10:00 a 13:00
Lugar: Centro de formación A Aixola. Porto Pesqueiro de Marín, s/n
Neste taller presentaremos os novos materiais didácticos que creamos no marco do Proxecto:
- Unha ferramenta de Moodle cun total de 8 unidades dedicadas á prevención de riscos laborais nos talleres de composites, con contidos teóricos e actividades prácticas.
- Unha aplicación de realidade aumentada para smartphones, para a formación en sinalización e selección de equipos de protección persoal. Podes descargala nesta ligazón se tes unha versión de Android 11, 12 ou 13, o eiqui se a versión á Android 9 ou 10.
Se non podes desprazarte a Marín, non te preocupes, tamén haberá opción de seguir o taller en liña a través dun enlace de TEAMS que enviaremos pouco antes do evento. Non deixes de confirmar a túa asistencia e indicar se asistirás en persoa ou en liña nesta ligazón
Axenda:
10:00 | Benvida |
10:10 | Presentación do proxecto DITMEP e dos materiais: unidades didácticas PRL no sector dos composites, Moodle, actividades, aplicación de realidade aumentada. Lucía FRAGA LAGO, Coordinadora da área de Formación do Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR |
10:30 | Obradoiro: utilización das dúas ferramentas de realidade aumentada para a formación en prevención de riscos laborais: Sinalización do espazo do obradoiro. Selección de equipos de protección individual. Xiana Zapata Criado. Profesora de PRL no CF A Aixola Dr. Manuel Lama Penín. Profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. |
11:45 | Pausa Café |
12:00 | Visita guiada do Centro de Formación A Aixola |
13:00 | Fin do Evento |
O taller está dirixido especialmente as persoas que traballen no ámbito da docencia, a innovación ou a prevención de riscos laborais no sector dos materiais compostos o composites, así como, ao estudantado e as empresas interesadas.
O proxecto DITMEP, financiado pola Unión Europea, proporcionará solucións para impulsar a adaptación da docencia as novas tecnoloxías a través da innovación cooperativa, as ferramentas tecnolóxicas e as novas metodoloxías educativas.