VELERÍA, ACASTILLAXE E PNEUMÁTICAS

CURSO DE VELERÍA E ACASTILLAXE


Xustificación da acción formativa

O turismo náutico experimentou un considerable avance nos últimos anos, tanto en instalacións como no número de adeptos. En Galiza calquera parte dos seus 1.900 km de litoral é un lugar adecuado para a práctica de deportes náuticos en calquera época do ano, debido ás súas suaves condicións climáticas e á tranquilidade das súas rías.

Analizando a realidade do sector, observamos en clubs náuticos e portos deportivos un volume de traballo importante para o mundo da velaría e a reparación de embarcacións pneumáticas.

As embarcacións pneumáticas, sexan semirríxidas ou pregables, precisan dun mantemento e reparacións constantes, que apenas esixe unha mínima  infraestrutura e maquinaria. Esta situación favorece as accións emprendedoras de creación de pequenas empresas dirixidas á reparación das súas compoñentes.

Nesta área, de novo, é o centro de formación Aixola o único referente autonómico e nacional na formación de especialidades tan específicas como velaría e acastillaxe e o mantemento e reparación de embarcacións pneumáticas.

Follow by Email
Facebook
Twitter
Instagram