…Volvemos!
O Centro de Formación A Aixola vai abrir as súas portas próximamente, con novos cursos que esperamos sexan do voso interese.
Dada a actual situación non podemos garantir unha data para a apertura, pero imos tentar que sexa canto antes.
Neste momento os cursos están restrinxidos a persoas con vinculación (formativa ou laboral) co sector pesqueiro. Podedes atopar toda a información aquí.
As accións formativas que lanzaremos próximamente son:
Áreas | Cursos ofertados | Horas |
MADEIRA | Elaboración e instalación de cubertas de madera en embarcacións menores | 300 |
COMPOSITES | Laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construcción naval | 300 |
INSTALACIÓNS | Electricidad e hidráulica básicas aplicadas al buque | 275 |
INSTALACIÓNS | Mecánica básica de motores de embarcaciones menores | 150 |
VELERÍA | Velería e acastillaxe | 350 |
PNEUMÁTICAS | Reparación de embarcacións pneumáticas | 300 |
REDES | Confección e mantemento de artes e aparellos | 330 |
REDES | Curso de formación de formadores para o certificado profesional de confección e mantemento de artes e aparellos | 70 |
Podedes realizar a preinscrición completando o formulario para cada curso na web https://aixola.cetmar.org . Para realizar a selección, os candidatos terán que realizar unha proba presencial de coñecementos básicos e unha entrevista persoal (que poderá ser telefónica).
Por suposto, todo o proceso selectivo e formativo, realizarase coas estritas medidas sanitarias e de distancia social necesarias para garantir a saúde dos alumnos e traballadores do Centro.