Colaboración coa Escola de Arquitectura de Toledo

En novembro do ano pasado, púxose en contacto con nós a Escuela de Arquitectura de Toledo da Universidad de Castilla La Mancha.

Durante o curso 2015-2016, na materia de Construción de Madeira, construíran con corenta alumnos un barco de madeira, o Vaurien de 1953 do arquitecto naval francés Jean Jacques Herbulot (1909-1997).

No momento de construír o mastro e a retranca, solicitáronos participar neste proxecto achegando as velas, que terían que construír os nosos alumnos… e por suposto accedemos encantados!


Detalle das velas cedidas polo Centro de Formación A Aixola.

As velas seguen o deseño orixinal, e foron realizadas durante o curso de Velaría, coordinado polo profesor Víctor Robleda Barcia.

O barco estará exposto na Escola de Arquitectura un tempo e despois doarase ó Museo Naval de Madrid.


Aquí podedes ver a construción do casco: https://www.youtube.com/watch?v=eKVtqc2hbTM

Aquí poderedes ampliar información sobre o barco: https://www.vaurien.es/historia