NOVAS SELECCIÓNS DE ALUMNOS PARA OS PRÓXIMOS CURSOS (COMPOSITES, PP/PE E CARPINTERIA DE RIBEIRA)

Convócase aos interesados nos seguintes cursos para participar nos procesos selectivos:

Os participantes na selección deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.

A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.

É imprescindible a asistencia a esta selección para poder optar a participar no curso.

Si estás interesado en realizar algún dos cursos, pero aínda non te inscribiste, podes facelo na sección de eventos.

SELECCIÓN ALUMNOS: Composites, modelismo, modelado manual, infusión e baleiro  

SELECCIÓN ALUMNOS: Carpinteria de ribeira

SELECCIÓN ALUMNOS: Manipulador de PP/PE2