PRÓXIMOS CURSOS NO CF AIXOLA 2015-2016

O Centro de Formación A Aixola xa está empezando a preparar os cursos que ofrecerá o próximo período 2015-2016, por encomenda da Consellería do Medio Rural e do Mar, nunha acción cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Como nos períodos anteriores, dende Aixola abrangueremos cursos co obxectivo principal que se marcou dende o seu nacemento, hai xa 18 anos: “facilitar formación e información aos profesionais presentes e futuros do sector marítimo Pesqueiro”.

En total impartiremos 12 cursos, que cubrirán especificamente todas as áreas relacionadas coa construción e mantemento dunha embarcación pesqueira: composites e poliéster; plásticos técnicos; madeira; electricidade e mecánica; pneumática; velería; e redes e aparellos.

Pronto se abrirá na nosa web a pre-inscrición dos primeiros cursos, que comezarán previsiblemente en agosto, e serán:

  • Innovacións en madeira. Autoconstrucción (400h)
  • Empastador – laminador de poliéster (280h)

En breve darémosvos máis novidades!