Visita do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
11/04/2014
Noticias
O martes tivemos unha agradable visita, cos alumnos de 4º de primaria do Colexio Sagrado Corazón de Praceres.

Os 60 alumnos provocaron unha pequena revolución no Centro. Visitaron todos os nosos obradoiros, e atenderon ás explicacións de todos os profesores, e de Lupe, que os guiou durante todo o percorrido.

Agardamos que disfrutaran tanto como nós con este encontro, e volvan cando queiran!